8 may 2014

Entrevista por chat a Bárbara Iglesias, realizada por Yessi Martínez.



Bárbara, practicas un deporte pouco coñecido en España, pódesnos explicar en que consiste?


                   
A ver como cho explico. O bobsleigh é un deporte de inercia e velocidade, practícase nunha especie de tobogán de xeo polo cal descendes co teu bobsleigh "trineo".
Para conseguir unha maior velocidade tes a oportunidade de empurrar na saída todo o que sexa posible, pero sen esquecer de subirte.
O trineo ou bobsleigh condúcese mediante un sistema de aneis polos cales tiras para mover a dirección, hainos de dous e catro ocupantes, os copilotos chámanse "break" ademais de empurrar na saída son os encargados de frear na meta; posto que o piloto non leva os freos.
A primeira vez que subiches a un trineo ou bobsleigh, que foi o primeiro que pensaches?       
   
Bufff…


                 
Pois a primeira vez que subín, á parte de tremer e ter un burato no estómago, entre medo e adrenalina baixei e non sei nin como cheguei abaixo, non puiden nin disfrutar dos nervios. Foi unha moi boa experiencia xa que para que me entendas, a sensación que eu tiña era de ir nunha montaña rusa que pilotas ti e que non ten freos, tes que chegar si ou si abaixo.
                 
A máis de 100 km/h que é o que che ronda pola cabeza?
                 
No momento de estar na pista e comezar a baixar a verdade é que vou falando comigo mesma sobre o que debo facer en cada curva e darme ánimos a min mesma.

Pensaches algunha vez en ir vivir para Austria ou para algún outro sitio, onde poidas adestrar máis a miúdo?
                
Ese é o meu problema, a verdade é que non sería capaz de irme fóra e deixar todo aquilo que me rodea. Moitos pensan que é unha estupidez pero se cheguei onde cheguei é en gran parte por toda a xente que me apoia día a día, que me dá animos..... Son demasiado caseira e da miña xente, non me penso separar. Que outro no meu caso marcharía… eu tamén pero con volta.
                
Cando comezaches nisto, pensaches que ías chegar tan lonxe?










                
Non… sen dúbida non, pensei que iría, probaría e quedaría nun recordo como nunha experiencia incrible que moi poucos ou ningún poden disfrutar pero polo que vexo aínda vou dar guerra e para que isto quede nun recordo pasará tempo con sorte

Este deporte require estar nun gran estado físico, en que consiste unha preparación para unha proba deste estilo?
                
Pois a preparación física baséase en conseguir ser explosivo, rápido e forte para conseguir a maior velocidade no menor tempo posible na saída pero cabe destacar que tamén hai que estar ben preparado psicoloxicamente.
                
Cóntanos Bárbara, onde soes adestrar ti? Canto tempo che leva?
                
Pois adestro onde podo ou ben no meu pobo nun paseo que hai, en Vigo, nas pistas de Balaídos, en Pontevedra na universidade..... A verdade é que non teño un sitio fixo, teño que ir onde me deixan.
O tempo de adestramento depende do que me toca, como mínimo sempre é unha hora e media e ata tres ou catro horas cinco días á semana
                                   
Gustaríache chegar a ser olímpica algún día? A quen lle darías as grazas?

Claro… é un soño!!!!! Poder ser olímpica e representar o teu país e a túa xente e para min o maior orgullo. A quen lle daría ás grazas, como non ao meu equipo en xeral claro, pero aínda así a xente coma ti, coma a túa nai, xente que non me coñece que me anima igualmente, a miña familia..... A Javier, que me deu a oportunidade de entrar neste mundo. Xamais pensei ter tantísimo apoio e axuda e se algún día chego a algo non penso esquecer.

E a túa familia que pensa de todo isto?

Pois toda a miña familia e amigos están metidos no mundo das carrilanas, polo que para eles que estea facendo isto é estupendo.
Que obxetivo buscas con este deporte?

Poder chegar ao máis alto e abrir portas aos demais e demostrar que se tes un soño que o persigas sempre!!!!!




24 dic 2013

MENSAXES CURTAS DE NADAL

Xa temos gañadora do concurso de mensaxes curtas de Nadal. Se ben o noso alumnado deste ano estivo pouco habilidoso co uso das abreviaturas e emoticonos, a gañadora do concurso escribiunos esta mensaxe:
"Bo Nadal! Q tñads m8s regalos, e acordádvos d tomar as uvas, pero sen afogar, q tndes q vir cn saúde para recuperar as desta avaliación! :,) ".
Noraboa Manuela Nores Fresco de 1º ESO A, agardamos que disfrutes dos rappoemas de Aid.